• ?
  • Rexistro

Primeiros Auxilios

O mércores 24 de abril tivo lugar no IES San Clemente unha charla de Primeiros Auxilios realizada por membros de Protección Civil de Santiago de Compostela.

Durante a mesma, o alumnado de ordinario dos ciclos de ASIR, DAM, DAW e SMR puido realizar in situ simulacros de reanimación cardio pulmonar, nas súas diferentes modalidades, e tamén da manobra de Heimlich, entre outras.

Así mesmo, valoraron a importancia dunha actuación rápida e axeitada co fin de minimizar o dano que, en situacións de risco vital, se puideran producir.

 

Queremos agradecer aos relatores a súa visita e o tempo dedicado nesta entretida xornada que tan bo acollemento tivo entre o noso alumnado.