• ?
  • Rexistro

Visita ao Congreso FP Innova 2019

Este mércores, 8 de maio, alumnado do IES San Clemente dos ciclos de Desenvolvemento de aplicacións web (réxime ordinario) e Sistemas microinformáticos e redes (réxime ordinario) visitou o Congreso FP Innova Galicia 2019, a cuarta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender da formación profesional galega. Na visita acompañáronos os profesores Juan Morillo Fernández e Víctor Manuel Martínez Taboada.

O congreso, que se celebra os días 8, 9 e 10 de maio no Museo Centro Gaiás, conta cunha zona expositiva de 4.100 m2 na que se poden atopar proxectos de innovación, proxectos de miniempresas e diversos obradoiros.

No proxecto Mobilidade renovable colaboran os profesores do San Clemente Rafael Veiga Cid e Manuel Vieites Rodríguez. Este proxecto de Innovación consiste no deseño e construción dunha instalación solar fotovoltaica para recarga de vehículos eléctricos, así como dunha aplicación informática para a xestión de quendas e supervisión de consumos, co fin de potenciar iniciativas innovadoras e demostrar a viabilidade de proxectos relacionados coas enerxías renovables, en particular fotovoltaica.

O proxecto foi premiado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa na resolución do 22 de maio de 2018 pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional.

 

Máis información sobre o proxecto: