• ?
  • Rexistro

Carta Erasmus VET 2017-2020

Carta Erasmus VET 2017-2020
Seguindo as indicacións da Comisión Europea, publicamos no website do IES San Clemente a nova Carta Erasmus VET (FP de grao medio) para o período 2017-2020, xunto co plan de internacionalización do centro actualizado. Poden descargar os ficheiros no apartado Documentos da seguinte páxina: http://www.iessanclemente.net/programas-europeos

Selos de Calidade eTwinning 2017

Selos de Calidade eTwinning 2017
O profesorado e alumnado participante nos proxectos Um tripé para o meu e-book e Green Spots in Town, co seu magnífico traballo, conseguiron que os avaliadores do Servizo Nacional de Apoio (INTEF, Ministerio de Educación) nos concedesen o selo de calidade. Parabéns!! Os socios de ambos proxectos tamén recibiron o selo...

Celebración “30 anos de Erasmus”

Celebración “30 anos de Erasmus”
"30 anos enriquecendo vidas e abrindo mentes" é o lema do 30º aniversario do programa Erasmus. No Día Europeo das Linguas, 26 de setembro de 2017, o SEPIE celebrou o único acto conmemorativo do 30º aniversario de Erasmus, centrado nas mobilidades de Formación Profesional. O lugar escollido foi a Cidade da...

Convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2018

Convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2018
Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente oferta prazas para realizar a FCT no estranxeiro durante a primavera de 2018, subvencionadas polo programa Erasmus+. O reparto de prazas e os destinos habituais son: Once prazas para o ciclo medio: Empresas de Lisboa, o Porto,...

Mobilidades para prácticas no estranxeiro – Difusión 2017

Mobilidades para prácticas no estranxeiro – Difusión 2017
Un ano máis organizamos dúas palestras de difusión das mobilidades Erasmus+, unha para ciclo medio e outra para ciclos superiores. Contamos coa presenza de Cristian Viqueira, Diego Antelo, Ángel G. Mosteiro e Sergio Dosil, que compartiron a súa experiencia de vida e traballo en empresas do Porto, Covilhã e Dublín,...

Move2Learn, Learn2Move

Move2Learn, Learn2Move
O noso proxecto eTwinning Green Spots in Town é un dos seleccionados na iniciativa da UE Move2Learn, Learn2Move, que ten como obxectivos que a xuventude aprenda a viaxar de forma sustentable por Europa e reforzar o espírito de cidadanía europea. Como premio, os membros do proxecto recibirán billetes para viaxar á...

Exposición “Dúas illas” en Creta

Exposición “Dúas illas” en Creta
A nosa exposición enREDada do pasado ano escolar chegou a Ierápetra, o concello cretense ao que pertence a illa Crhysí, que estudamos no Plan Proxecta San Clemente Paisaxe e Sustentabilidade e no proxecto eTwinning Two Islands Inspire. Este proxecto foi galardoado co Selo de Calidade Europeo eTwinning. Blogue...

Proxectos Europeos – Informe final 2016/2017

Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos: Mobilidades Erasmus+ KA102 e KA103 para a realización de prácticas no estranxeiro: Ciclo Medio, 14 mobilidades: 6 de FCTs, 2 de recén titulados e 6 extra curriculares, todas en Portugal (Lisboa, Porto e Covilhã) excepto unha,...

Lanzadeiras Coruña – Mostra de miniempresas

Lanzadeiras Coruña – Mostra de miniempresas
O IES San Clemente estivo presente na Mostra de miniempresas do programa Lanzadeiras Coruña, de Eduemprende, grazas aos alumnos de ASIR Pablo Pérez, Mario Michelotti e Félix Pardal, que presentaron o traballo feito no proxecto eTwinning Green Spots in Town desde a súa empresa ToxoSoftware. A mostra e o acto...

Job Shadowing de Giuseppe e Mauro

Job Shadowing de Giuseppe e Mauro
Entre o 22 e o 24 de maio de 2017 recibimos a Giuseppe Varalda e a Mauro Bogliaccino, da Fondazione ITS per l'ICT Piemonte de Turín, Italia. Durante estes tres días asistiron a varias clases e mantivemos reunións sobre diversos aspectos organizativos, por exemplo: Erasmus+, eTwinning, FCT, plataformas de ensino...