• ?
  • Rexistro

Proxectos Europeos – Informe final 2018/2019

Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:

Mobilidades Erasmus+ KA116 e KA103 para a realización de prácticas e estudos no estranxeiro:

  • Ciclo Medio, 19 mobilidades: 5 de FCTs, 2 de recén titulados e 12 extra curriculares, todas en Portugal (Lisboa, Porto, Covilhã e Braga) excepto unha, en Italia (Turín). Todas con bolsa Erasmus+ KA102 2017 e Erasmus+ KA116 2018.
  • Ciclo Medio, 2 mobilidades para estudos en Braga (Portugal). Todas con bolsa Erasmus+ KA116 2018.
  • Ciclos Superiores, 16 mobilidades: 8 de FCTs, 3 de recén titulados e 5 extra curriculares. Destinos: Porto, Lisboa, Berlín, Dublín, Londres e Manchester. Todas con bolsa Erasmus+ KA103 2017 e 2018.

 

Incoming mobilities:

  • 1 mobilidade: 1 alumna do colexio KBS de Nordhorn (Alemaña), realizou as súas prácticas de Secretariado Bilingüe nunha empresa de Santiago de Compostela.

 

Job shadowing:

  • 1 mobilidade saínte KA103 do profesor Juan Morillo Fernández á empresa Aeria Games, en Berlín.
  • 1 mobilidade saínte KA116 do profesor Marcos Vence Ruibal á empresa Binary Potential, en Viana do Castelo.

 

Bolsas concedidas pola Administración para o próximo ano escolar:

  • Ciclo Medio: 16 para prácticas e estudos + 1 job shadowing.
  • Ciclos Superiores: 17 para prácticas + 2 job shadowing.

 

Incremento dos importes das axudas:

  • Sobe a axuda económica para realizar a FCT: 2540 euros en países do Grupo 1 (Reino Unido, Irlanda, etc.) ou 2266 euros en países do Grupo 2 (Portugal, Alemaña, etc.). Máis información
  • Sobe a axuda extra que o IES achega ás bolsas para ciclos superiores.

 

Difusión:

 

Proxectos eTwinning: