• ?
  • Rexistro

Mobilidades para prácticas no estranxeiro – SMR – Difusión 2019

No día 30.09.19 contamos coa presenza do alumnado e ex alumnado do ciclo medio SMR, que compartiron a súas experiencias de vida, estudos e traballo en institutos de FP e empresas de Viana do Castelo, Braga, Porto, Covilhã, Lisboa, Dublín e Turín, realizando mobilidades de estudos, prácticas extra curriculares, de recén titulado e o módulo da FCT.

En total, 24 alumnos e 1 alumna. Grande parte deles aínda están a cursar o ciclo Estrela PluriFP SMR en portugués, e o resto están en ciclos superiores.

Está aberto o prazo para que o alumnado de calquera ciclo poida solicitar unha bolsa Erasmus+ para realizar a FCT en primavera de 2020, prácticas extra curriculares de verán ou de recén titulado e mobilidades de estudos, cubrindo este formulario.

Máis información: