• ?
  • Rexistro

Prácticas no estranxeiro Erasmus+ Verán 2019

En xullo e agosto de 2019, dezaoito alumnos do IES San Clemente desfrutan dunha beca Erasmus+ para realizaren prácticas extra curriculares e de recén titulado no estranxeiro:

  • 12 de SMR, todos en Portugal: Iván Adán e Kevin Camarena en Covilhã; Francisco Refojo e Raúl Tubío en Braga; Alex Casal, Óscar López, Martín Castro, Marcos Lueiro, Álvaro Fernández, Bastian Carrajo, Roi Fuentes e Christian Trillo no Porto.
  • 3 de ASIR: Michelle Maldonado, Ángel Mosteiro e Adam Firvida no Porto (Portugal).
  • 2 de DAM: Adrián Puga en Londres (Reino Unido) e Adrián Segade en Dublín (Irlanda).
  • 1 de DAW: Xabier Gallardo en Dublín (Irlanda).

Xa en setembro, inaugurando ano escolar pero aínda no verán, outros tres alumnos de SMR van realizar as súas prácticas extra curriculares e de recén titulado:

  • Jorge Blanco e Adrián Suárez en Dublín (Irlanda).
  • Beatriz Ramírez no Porto (Portugal).

 

 

Máis información sobre as prácticas no estranxeiro:
Blogue AtlânticoVET
 Proxecto eTwinning AtlânticoVET