• ?
  • Rexistro

Estudo de Impacto Erasmus+ 2019

Este estudo realizouse durante os cursos 2017/2018 e 2018/2019 mediante unha enquisa ao alumnado titulado desde o ano 2012 que desfrutou dunha bolsa de mobilidade Erasmus +.

O tamaño da mostra de alumnado aos que se lles fixo a enquisa foi de 110:

  • 21 de bolsas extracurriculares
  • 74 de bolsas FCT
  • 15 de bolsas para recén titulados

Recibimos 65 respostas:

  • 11 de bolsas extra curriculares
  • 50 de bolsas FCT
  • 4 de bolsas para recén titulados

Os Ciclos Formativos aos que pertencen son:

  • Ciclo medio de Sistemas microinformáticos e redes.
  • Ciclo superior de Administración de sistemas informáticos en rede.
  • Ciclo superior de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.
  • Ciclo superior de Desenvolvemento de aplicacións Web.

Os países de acollida do alumnado foron:

  • Portugal
  • Irlanda
  • Reino Unido
  • Italia
  • Alemaña
  • Malta
  • República Checa

Móstrase a continuación o resultado da enquisa.

Gráfico 1. Actividade posterior a Bolsa:

Como pode observarse, inmediatamente á finalización da mobilidade, o 46% (40 + 6) encontra traballo, outro 48% (42+6) continúa estudos. Só un 6% no ten ningunha actividade inmediata.

Hai que lembrar que a maioría de  alumnado das 11 bolsas extracurriculares,  non ten aínda o título ao rematar a mobilidade, porque é alumnado que goza desta cando remata o primeiro curso e quédalle aínda por cursar o segundo. Isto réstalles a posibilidade de acceder a un traballo nese momento.

Gráfico 2. Actividade na actualidade:

Pode observarse claramente o incremento na inserción laboral respecto ao gráfico anterior.

O 64% (55+9) ten traballo na actualidade e  un 34% (29+5) continua estudos ben universitarios o noutros Ciclos.

Só un 2% non ten actividade na actualidade.

Gráfico 3. Importancia da mobilidade:

Esta pregunta vai encamiñada a coñecer a percepción da importancia que o alumnado lle da ao feito de ter desfrutado da mobilidade Erasmus+, de cara a mellorar as súas posibilidades de atopar traballo.

Como amosa o Gráfico, o 71% lle da moita importancia, o 26% algunha e só un 3% opina que é pouco importante (só 2 alumnos de 66).

Gráfico 4. Repetiría experiencia:

O 97% repetiría a experiencia ou volvería a solicitar unha bolsa Erasmus+ se ten oportunidade.

Só un 3% (2 alumnos), di que non repetiría. É importante aclarar que estes dous alumnos expresaron que lles xurdiron imprevistos de tipo familiar ou persoal  durante a súa estadía, o que repercutiu negativamente na súa percepción.

Conclusión:

Podemos asegurar tras este estudo de impacto, que as bolsas de mobilidade Erasmus+, contribúen dun xeito importante a mellorar as posibilidades do alumnado a incorporase ao mundo laboral.

Os responsables de RRHH das empresas valoran moi positivamente que o alumnado teña esta experiencia nun país estranxeiro por varios factores:

  • Aprendizaxe de idiomas. Eleva o nivel das habilidades lingüísticas incluíndo termos e expresións coloquiais, mellora da pronunciación, vocabulario específico novo relacionado coa especialidade do alumno.
  • Coñecemento doutros lugares e culturas. Isto abre o campo de coñecementos e fai que o alumnado saia da súa zona de confort e adquira maior poder de adaptación.
  • Pon a proba as capacidades do alumnado no sentido de que axuda a aprender moi rápido, a madurar e ser mais autónomo.

Todos estes factores teñen moito valor nos procesos de selección de persoal das empresas en xeral, e nas do noso entorno en particular.

Á vista dos resultados, os responsables e colaboradores de Erasmus+ do IES San Clemente, vémonos motivados para continuar co plan de internacionalización do centro co maior dos intereses.

Traballo de fin de mestrado de Erika Rodríguez

Erika Rodríguez, alumna do Máster Universitario de Mestrado da Universidade de Vigo, na especialidade de Formación Profesional, realizou o seu TFM sobre o tema «Erasmus+ e a inserción laboral dos titulados de FP», utilizando os datos do noso estudo de impacto.

Este é o resultado do seu traballo:

TFM Erika Rodríguez