• ?
  • Rexistro

3º Certame de Fotografía “Mulleres na sombra” – Veredicto do xurado

3º Certame de Fotografía “Mulleres na sombra” – Veredicto do xurado
Finalizado o prazo de presentación de traballos para o 3º Certame de Fotografía "Mulleres na sombra", este é o veredicto do xurado:   1º Premio :  Yasira Castro Suarez TITULO: Mais do que ves EXPLICACIÓN: Refírese a todo o que pode chegar a facer unha muller, neste caso, cando entra no quirofano. Tras...

Spainskills 2022

Spainskills 2022
Entre o 22 e o 26 de marzo celébrase o campionato nacional de Formación Profesional, Spainskills 2022, organizado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración coas comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Galicia está representada por 34 persoas competidoras que participarán en 30 modalidades....

35º Concurso Literario

B A S E S 1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o 35º Concurso Literario. 2. Poderá participar todo o alumnado (ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos). 3. Establécense dúas modalidades: relato e poesía. Cada participante poderá entregar un traballo en cada modalidade. Estes deberán ser orixinais...

7º Certame de relato breve – veredicto do xurado

Finalizado o prazo de presentación de traballos para o 7º Certame de relato breve, este é o veredicto do xurado: 1º premio: Soños, de Ainara Alonso Pérez (1º Bach) 2º premio: O diario de Espe, de Rosa Castiñeiras Fariña (2º FP DAW DUAL) 3º premio: O mar, de Damián Garrido Portela (2º...

Letras Galegas 2022 – Florencio Delgado Gurriarán

Duodécima edición do proxecto eTwinning Letras Galegas. O seu obxectivo é difundir a lingua e a literatura galega traballando nun proxecto colaborativo a nivel europeo. O profesorado participante do IES San Clemente é: Mª do Carme González Bueno e Isabel Gamallo Gómez. No proxecto, ademais do IES San Clemente, participan varios...

Prácticas de alumnado de INETE en Compostela – Primavera 2022

Prácticas de alumnado de INETE en Compostela – Primavera 2022
Recibimos no noso centro o alumnado do colexio INETE de Lisboa que vai realizar a súa FCT en empresas compostelás, xunto co profesor Guilherme Antunes. Coñeceron varios dos nosos alumnos de 1ASIR e aproveitamos para gravar unha pequena entrevista que será publicada no Podcast do proxecto eTwinning LusoMicroFonia. [caption id="attachment_17180" align="aligncenter"...

7º Certame de microvídeos-veredicto do xurado

Finalizado o prazo de presentación de traballos para o 7º Certame de microvídeos, este é o veredicto do xurado: 1º premio: A pandemia e a corentena, de Andrea González (1º SMR) 2º premio: Toma un respiro, de Raúl Filgueira Lojo (1º SMR) 3º premio: A turbobici 3000, de Iván Castro, Paula Cores...

 INSTRUCIÓNS REMATRÍCULA SEGUNDO CUADRIMESTRE ESA

O alumnado presentado á convocatoria extraordinaria do 4 de marzo poderá realizar a rematrícula para o segundo cuadrimestre do 14 ao 16 de marzo. Pode descargar o impreso pinchando aquí Unha vez cuberto, envíase escaneado ao correo electrónico do centro:  ies.sanclemente@edu.xunta.gal ou ben por correo certificado ao seguinte enderezo: IES San Clemente (Matrícula Bacharelato) r/...

Proba para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20

O prazo de presentación das solicitudes estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022. O exame celebrarase o vindeiro 29 de abril no IES San Clemente de Santiago de Compostela. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel ou utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica...

Probas para a obtención do título de graduado en ESO maiores de 18

Publicada a Resolución do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro. Os prazos de matrícula serán:  ...