• ?
  • Rexistro

Spainskills 2022

Entre o 22 e o 26 de marzo celébrase o campionato nacional de Formación Profesional, Spainskills 2022, organizado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración coas comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Galicia está representada por 34 persoas competidoras que participarán en 30 modalidades. As alumnas e alumnos son as/os gañadores das medallas de ouro da VI edición do Campionato Galego da Formación Profesional – Galiciaskills 2021, celebrado o pasado mes outubro e no que o IES San Clemente acolleu as competicións de Desenvolvemento web e Administración de sistemas en rede.

O IES San Clemente está presente coa participación de Santiago Andrade Ferreiro na modalidade de Desenvolvemento Web. Santiago cursou o ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web e actualmente está a realizar o Ciclo de Especialización en Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías da Información, sendo a súa titora na preparación da competición a profesora Cristina París Brandariz.