Probas para a obtención do título de graduado en ESO maiores de 18

Publicada a Resolución do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.

Os prazos de matrícula serán:

        Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 17 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

        Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.

Condicións das persoas aspirantes

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2021-2022 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2021-2022 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 

Forma, lugar e prazos de presentación

       1. Os prazos de matrícula serán:

Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 17 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

       2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A) que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros que constituirán tribunais para a avaliación das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria:

a) A Coruña: – Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15011 A Coruña.

b) Ferrol: – Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.

c) Santiago de Compostela:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»:

IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»:

IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.

d) Carballo: – IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.

e) Lugo: – Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

f) Ourense: – Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

g) Pontevedra:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»:

Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»:

IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.

h) Vigo:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»:

Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»:

IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.

i) O Porriño: – IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.

j) Tui: – IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.

k) Vilagarcía de Arousa: – IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.

Para obter máis información, visita a web da consellería de educación.