• ?
  • Rexistro

Prácticas de alumnado de INETE en Compostela – Primavera 2022

Recibimos no noso centro o alumnado do colexio INETE de Lisboa que vai realizar a súa FCT en empresas compostelás, xunto co profesor Guilherme Antunes.

Coñeceron varios dos nosos alumnos de 1ASIR e aproveitamos para gravar unha pequena entrevista que será publicada no Podcast do proxecto eTwinning LusoMicroFonia.

Raquel, Beth e Ricardo gravando a entrevista

No blogue do proxecto podedes ver máis información escrita en primeira persoa, polos protagonistas desta experiencia.

Blogue do proxecto AtlânticoVET