• ?
  • Rexistro

Proba para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20

O prazo de presentación das solicitudes estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022. O exame celebrarase o vindeiro 29 de abril no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

As solicitudes deberán presentarse en soporte papel ou utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Os centros nos que se poderá facer a inscrición son: o Centro de Educación para Adultos (EPA) Eduardo Pondal (A Coruña), o IES San Clemente (Santiago de Compostela), o Centro EPA Albeiros (Lugo), o Centro EPA de Ourense, o Centro EPA Río Lérez (Pontevedra) e o Centro EPA Berbés (Vigo).

Para obter máis información, visita a web da consellería de educación.