Os Clementinos na Foliada das Letras 2025

Os Clementinos na Foliada das Letras 2025
Os alumnos Jaime Calvo Saco e Adrián Suárez Recarey de 2ASIR, xunto co profesor Xulio León Pérez, representaron o IES San Clemente na Foliada das Letras 2025 organizada por Ponte Nas Ondas. Podedes ver un pedaciño da actuación a partir do minuto 39'42'': https://youtu.be/sIL50hp_4Fc?si=EVQUg5lTJL4999wB

Obras gañadoras do certame de microvídeos. Moitos parabéns!

Un ano máis, o talento e a creatividade sobardaron as pantallas no Certame de Microvídeos convocado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela. E nesta décima edición, tan redonda como emocionante, xa temos as grandes triunfadoras! Vídeos orixinais e...

Gañadoras e gañadores do premio de poesía escurecida

Gañadoras e gañadores do premio de poesía escurecida
🎉 CONCURSO DE POESÍA ESCURECIDA – XA TEMOS GAÑADORAS! No marco do proxecto Escollemos Galego, o IES San Clemente organizou o Concurso de Poesía Escurecida: "Redescubrindo a forza das palabras prohibidas", como homenaxe polo 75 aniversario do falecemento de Castelao. A partir de páxinas do Sempre en Galiza, participantes de todo...

Gañadoras do premio de marcadores de libros sobre o Día das Letras Galegas

Gañadoras do premio de marcadores de libros sobre o Día das Letras Galegas
Xa temos gañadoras do 15º Concurso de Marcapáxinas do IES San Clemente! Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2025, dedicado ás sete cantareiras homenaxeadas este ano —Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira Santos, Manuela Lema, Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda—, desde o IES...

10º Certame de microvídeos – Participa!

10º Certame de microvídeos – Participa!
10º CERTAME DE MICROVÍDEOS O IES San Clemente de Santiago de Compostela, a través da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convocan o 10º CERTAME DE MICROVÍDEOS, cuxas BASES son: Categorías de participación A Estudantes de secundaria de calquera lugar do mundo. B Persoas de calquera idade de calquera lugar...

Un “caldo de gloria” por Rosalía de Castro

A comunidade educativa do IES San Clemente festexou  o Día de Rosalía cunha exposición de obras sobre a escritora con materiais de recente adquisición da biblioteca, a difusión do poema "Miña casiña, meu lar" e cunha celebrada degustación do "caldo de gloria" na pasada sexta feira. A actividade, organizada...

15 Concurso de marcapáxinas para celebrarmos o Día das Letras Galegas

15 Concurso de marcapáxinas para celebrarmos o Día das Letras Galegas
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca, como xa vén sendo habitual por estas datas, o 15º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025, sendo este ano a autoría colectiva de sete cantareiras: Adolfina e Rosa...

11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Con motivo da conmemoración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Biblioteca do IES San Clemente seleccionou libros do seu catálogo que poñen en valor o traballo de mulleres científicas. Ao longo de toda a semana podes desfrutar desta selección no hall de entrada ao...

Por un 2025 fértil en amizade, aprendizaxe e amor polo galego

Por un 2025 fértil en amizade, aprendizaxe e amor polo galego
No albor do novo ano, compartimos convosco os desexos da felicitación gañadora do noso concurso, autoría de Sara Montero Moure, un reflexo do orgullo e o talento que agroman nas nosas aulas. Que este 2025 sexa fértil en amizade, aprendizaxe e amor pola nosa lingua.Ademais recoñeceuse cun 2º premio...