As palabras que poboan a paisaxe: unha actividade polo 25 de abril dentro do Proxecto Terra

O IES San Clemente desenvolveu, dentro do Proxecto Terra, unha actividade vinculada ao 25 de abril, integrada no proxecto “As palabras que poboan a paisaxe”. Esta iniciativa ten como eixo principal a reflexión sobre o patrimonio inmaterial, a paisaxe, os nomes do territorio e as relacións culturais entre Galiza e o norte de Portugal.

O proxecto parte da idea de que as palabras coas que nomeamos a paisaxe —os montes, os vales, os ríos, os camiños, os lugares habitados ou os espazos de encontro— son tamén unha forma de memoria colectiva. A través delas, as comunidades explican como viven, como se relacionan co territorio e como transmiten coñecementos, afectos e identidades ao longo do tempo.

Neste contexto, a actividade arredor do 25 de abril permitiu traballar co alumnado a importancia da cultura portuguesa e da relación galego-portuguesa, pondo o foco na proximidade lingüística, histórica e territorial. A data serviu como punto de partida para abordar a relación entre liberdade, comunidade, territorio e cultura, conectando a memoria democrática portuguesa coa reflexión sobre os espazos que habitamos e co papel das linguas na construción dunha identidade compartida.

A proposta desenvolvida no centro contribuíu a facer visíbel un dos obxectivos centrais do Proxecto Terra: promover un ollar, consciente e participativa sobre o territorio, porque debemos valorar os espazos vitais e comprender o patrimonio construído e inmaterial como elemento fundamental da identidade comunitaria.