Visita de Capitale Lavoro outubro 2026

O 8 de outubro recibimos a visita de Livio Ciappetta e Anna Capozzi de Capitale Lavoro. Forman parte do equipo responsable dos proxectos Erasmus+ de sete centros da área metropolitana de Roma. Visitaron o noso centro para informarse sobre o seu funcionamento e sobre a nosa experiencia cos cursos de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información nas modalidades presencial e a distancia.

Foi un pracer recibilos para establecer unha colaboración no marco do proxecto Erasmus+ no ámbito da ciberseguridade.