Os días 8 e 9 de outubro, o IES San Clemente recibiu a visita de tres profesoras do centro de educación secundaria IIS E. Majorana-A. Cascino, situado en Piazza Armerina, Sicilia, no marco do programa Erasmus+.
Este centro siciliano ofrece ao seu alumnado formación en estudos informáticos e tecnolóxicos, entre outras áreas, polo que a visita constituíu unha excelente oportunidade para o intercambio de coñecementos e experiencias. As docentes visitantes foron Lidia Carola Di Gangi, directora do centro, e as profesoras de inglés Maria Loredana Manuella e Anna Maria Grazia Brualetto, que asistiron como observadoras a diferentes clases.
A visita foi unha experiencia moi enriquecedora para o IES San Clemente, xa que favoreceu o intercambio cultural e educativo entre o alumnado e o profesorado de ambos os centros.





