O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca, como xa vén sendo habitual por estas datas, o 15º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025, sendo este ano a autoría colectiva de sete cantareiras: Adolfina e Rosa...
11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Con motivo da conmemoración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Biblioteca do IES San Clemente seleccionou libros do seu catálogo que poñen en valor o traballo de mulleres científicas.
Ao longo de toda a semana podes desfrutar desta selección no hall de entrada ao...
CLUBE Febreiro 2025
Clica aquí para accederes ao boletín mensual
Por un 2025 fértil en amizade, aprendizaxe e amor polo galego
No albor do novo ano, compartimos convosco os desexos da felicitación gañadora do noso concurso, autoría de Sara Montero Moure, un reflexo do orgullo e o talento que agroman nas nosas aulas. Que este 2025 sexa fértil en amizade, aprendizaxe e amor pola nosa lingua.Ademais recoñeceuse cun 2º premio...
Concurso de poesía escurecida: Castelao, 75 anos de legado
Concurso de Poesía Escurecida
REDESCUBRINDO A FORZA DAS PALABRAS PROHIBIDAS
Castelao: 75 anos de legado
1 Obxecto e finalidade
No próximo 7 de xaneiro de 2025 é o 75 aniversario do falecemento de Castelao, unha das persoas máis importantes da nosa Historia. Por iso, queremos homenaxealo e animar a redescubrilo a través do...
15º concurso de felicitacións de ano novo
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca, como vén sendo habitual por estas datas, o 15º CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANO NOVO, nesta ocasión encadrado no proxecto Escollemos Galego, que o centro está a desenvolver durante o curso 2024-25.
Poderá...
Veredicto do 6º Certame de cartazes do 25N
Xa coñecemos as imaxes gañadoras do 6º Certame de cartazes do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller deste ano 2024.
O veredicto do xurado foi o seguinte:
1º Premio: Alejandro Rafael Reboiras Sosa (1º SMR)
2º Premio: Adrián Cebreiro López (2º SMR)
3º Premio: María Concepción Álvarez Rilo (2º...
Deseña o logotipo do novo proxecto do noso instituto!
Bases do Concurso de Deseño de Logotipo: "ESCOLLEMOS GALEGO"
1 Obxecto do concurso:
O IES San Clemente convoca un concurso para o deseño do logotipo oficial do proxecto “Escollemos Galego”, cuxa finalidade é promover o uso da lingua galega en espazos cotiáns. O logotipo gañador será empregado en materiais promocionais, campañas...
VEREDICTO DO XURADO DO 37º CONCURSO LITERARIO
Pechamos o curso de concursos e certames co anuncio do veredicto do xurado do 37º CONCURSO LITERARIO convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente:
Na modalidade de prosa, os premiados son:
1º premio (100 €): “Unha ninguén” de Lorena Louzao Alonso (alumna de 2º de Bacharelato).
2º premio (75...
VEREDICTO DO XURADO DO 14º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2024: LUÍSA VILLALTA
Nesta semana tan especial para as nosas Letras, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente, comprácenos anunciar os gañadores e gañadoras do 14º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2024: LUÍSA VILLALTA que, segundo o xurado do mesmo, son os seguintes:
1º premio (100 €): Sara...
Enlaces Rápidos




