Este mércores 21 tivo lugar no salón de actos do centro a presentación do HPE CDS Tech Challenge 2026-27. Trátase dunha competición internacional dirixida a estudantes de educación superior, que se celebrará durante o presente curso.
Na presentación estiveron Loli Lamas, es os compoñentes do equipo “Tres días de gracias”, Gonzalo Cordeiro Mourelle, Andrés Daparte Cabo e Ezequiel Soto Seoane, actuais gañadores da competición.





