Parabéns! Temos os marcadores de libros das Letras 2026!

Xa coñecemos as persoas gañadoras do XVI Concurso de Marcadores de Libros do Día das Letras Galegas 2026, organizado polo noso instituto. Un ano máis, o certame amosou a creatividade, a sensibilidade artística e o compromiso coa lingua e coa cultura galegas do noso alumnado.

Tras a deliberación do xurado, estes foron os premios concedidos:

1º Premio: Iago David Mesías de Moura
2º Premio: Nieves Iglesias Pereira
3º Premio: Mario Amor Alfonsín

Desde aquí queremos dar os parabéns ás persoas premiadas e agradecer a participación de todo o alumnado que presentou os seus traballos. Iniciativas coma esta seguen a demostrar que a creatividade en galego está moi viva!