• ?
  • Rexistro

Job Shadowing de Jim Bateman

Durante a presente semana temos entre nós ao profesor de FP Informática Jim Bateman, do Bedford College, Inglaterra.

Jim está a realizar unha experiencia de Job Shadowing, encadrada nun proxecto Comenius, que consiste en asistir ás clases de varios grupos de informática xunto co profesorado do centro.

Se ben é Cristina París a compañeira coa que comparte máis sesións, tamén participa nas clases das seccións bilingües en inglés, entre outras.

Jim
De esquerda a dereita: a directora Carmen Viñas,
o profesor Jim Bateman e a profesora Cristina París

 

O profesor transmitiunos a súa admiración polo alto nivel das ensinanzas impartidas.

No IES San Clemente estamos moi satisfeitos por ternos elixido como socio de acollemento e por iniciarmos unha cooperación para futuros proxectos europeos.