• ?
  • Rexistro

Pek, the Traveller Flea #2

2011 – Pek, the Traveller Flea #2

Neste ano, Pek mudouse a unha nova “casa”. Está a vivir nun… león! Pek é moi espelido: coñeceu a Euri, un vello e adormecido león de circo e fixo un trato con el:
– Ti deixas que constrúa o meu niño na túa pelaxe e eu prometo non trabarte! – dixo Pek.

Pek, a Pulga Viaxeira, é un proxecto eTwinning (que forma parte de Comenius, o programa da UE para o ensino escolar). O resultado final é un libro de banda deseñada, feito por varios centros europeos, publicada en todas as súas linguas, en PDF, web e papel.

O equipo de alumnos do IES San Clemente está formado polos seguintes
estudantes de 1º SMR: Adrián Pérez Arnoso, Ezequiel Martín Campo Penedo, Francisco Javier Louro González, David Carbajales Maneiro, Adrián Pérez Mosquera, Javier Casal Pérez, José Rodríguez Buela, Manuel Figueiras Pedrosa, Alex Fernández Rey, Hugo García Carballo, Pablo Montero Martínez, Rubén López Gómez, Iván Couto Nodar, Alejandro Varela Tojo, José Antonio Naveiro Miras, Iván Chans Carril.

Profesores: Marcos Vence Ruibal e Josefina Taboada Adán.

(Toda a información foi publicada nas ferramentas Twinblog e New-TwinSpace que foron desactivadas polo Servizo Central de Apoio).

Máis información en:
Issuu
YouTube