Ciclo Superior Desenvolvemento de Aplicacións Web. Oferta Modular
Familia profesional
Informática
Título que se obtén
Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web
Prazas ofertadas na modalidade a distancia
100 por módulo
Saídas profesionais
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas
ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desem-
peñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas rela-
cionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Programador/ora web.
- Programador/ora multimedia.
- Desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.
Duración
Nestes estudos podes elixir o número de módulos que ti entendas que podes superar cada ano segundo as túas circunstancias laborais, familiares, etc. Todos os módulos (incluídos os de segundo ano) realízanse entre os meses de setembro e xuño. Estes estudos teñen unha formación en empresa ou organismo equiparable dun total de 500 horas.
Oferta Modular
Programacións para o curso 2024-2025
Módulos de primeiro ano
| Módulos | Horas |
| Bases de datos | 187 |
| Contornos de desenvolvemento | 78 |
| Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 103 |
| Programación | 240 |
| Sistemas informáticos | 155 |
| Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 |
| Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 |
| Inglés profesional | 60 |
Módulos de segundo ano
| Módulos | Horas |
| Desenvolvemento web en contorno cliente | 219 |
| Desenvolvemento web en contorno servidor | 273 |
| Despregamento de aplicacións web | 109 |
| Deseño de interfaces web | 219 |
| Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 |
| Dixitalización aplicada aos sectores produtivos | 30 |
| Habilidades comunicativas en lingua estranxeira | 60 |
| Afondamento nas competencias profesionais | 30 |
| Proxecto intermodular | 50 |
Máis Información
Admisión e Matrícula
Probas acceso a ciclos
Validacións
Currículos dos ciclos
Formación en Centros de Traballo
Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título





