Máster en Despregamento de produtos de software en contedores (Distancia)

Familia profesional

Informática e Comunicacións

Título que se obtén

Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización.

Prazas ofertadas na modalidade a distancia

30

Requisitos académicos

Para acceder ao Máster en Despregamento de produtos de software en contedores é necesario estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

    1. Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR).
    2. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM).
    3. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW).

Organización do ciclo

Duración dun ano académico.

Módulos Horas
Metodoloxía Devops: preparación de contornas de despregamento pendente
Despliegue de plataformas de execución de contedores pendente
Definición de fluxos de procesos en integración continua pendente
Definición de fluxos de procesos de despregamento continuo pendente
Mantemento do sistema de contedores despregado pendente

Pode consultar as programacións didácticas nesta ligazón (pendente).

Que se aprende a facer?

Despregamento continuo de aplicacións en plataformas propias (on premise) ou na nube, preparando contorna e plataforma, definindo o fluxo de procesos (pipeline) de desenvolvemento e despregamento para a súa automatización, monitorizando e mantendo en funcionamento o sistema despregado, en condicións de ciberseguridade, cumprindo a normativa aplicable en materia de propiedade intelectual e industrial e a normativa vixente aplicable en materia de prevención de riscos laborais, así como os estándares de calidade.

Saídas profesionais

Técnicos e técnicas de solucións na nube.
Administradores e administradoras Devops.
Desenvolvedores e desenvolvedoras Devops.
Técnicos e técnicas de automatización de despregamentos.
Técnicos e técnicas de despregamento en contedores.
Técnicos e técnicas de integración e despregamento continuos.

NOTA:

  • O máster contará con algunhas actividades presenciais. O calendario destas, publicarase antes do comezo do curso.
  • A data de comezo publicarase na páxina web do centro.
  • A distribución horaria dos diferentes módulos que conforman o curso será informada pola persoa titora  no primeiro día de inicio do curso.
  • Calquera cambio ante esta previsión se vos comunicará na web do centro como unha NOVA.

Máis Información

ies.sanclemente@edu.xunta.gal

https://www.edu.xunta.es/fp/

#FPGalicia

Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502, Fax: 881 867 538

 Cursos de especialización FP
 Admisión e Matrícula
 Admisión específica nos Cursos de Especialización
 Validacións
 Real Decreto do Curso de Especialización en Despregamento de produtos de software en contedores
 Normativa que regula a Formación Profesional