Máster en Aprendizaxe automática: xestión de datos e adestramento (Distancia)

Familia profesional

Intelixencia artificial e Data

Título que se obtén

Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización.

Prazas ofertadas na modalidade a distancia

30

Requisitos académicos

Para acceder ao Máster en Aprendizaxe automática: xestión de datos e adestramento é necesario estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

    1. Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR).
    2. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM).
    3. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW).

Organización do ciclo

Duración dun ano académico.

Módulos Horas
Intelixencia artificial e aprendizaxe automática pendente
Extracción, transformación e carga de datos desde fontes múltiples pendente
Depuración, limpeza e clasificación de datos pendente
Deseño e avaliación de modelos baseados en aprendizaxe automática pendente
Desenvolvemento de compoñentes software para sistemas de aprendizaxe automática pendente

Pode consultar as programacións didácticas nesta ligazón (pendente).

 

Que se aprende a facer?

Instalar, configurar, despregar e manter ferramentas e software en sistemas informáticos de Intelixencia artificial, baseándose en técnicas de aprendizaxe automática para a predición, clasificación ou calquera outro tratamento intelixente de datos, imaxes, vídeos ou linguaxe natural, preprocesando, depurando e particionando os datos en subconxuntos, identificando as variables significativas, verificando a ausencia de rumbos e cumprindo a normativa vixente aplicable en materia de protección de datos e propiedade intelectual e industrial.

Saídas profesionais

Técnicos e técnicas en proceso e analítica de datos.
Integradores e integradoras de sistemas de información.

NOTA:

  • O máster contará con algunhas actividades presenciais. O calendario destas, publicarase antes do comezo do curso.
  • A data de comezo publicarase na páxina web do centro.
  • A distribución horaria dos diferentes módulos que conforman o curso será informada pola persoa titora  no primeiro día de inicio do curso.
  • Calquera cambio ante esta previsión se vos comunicará na web do centro como unha NOVA.

Máis Información

ies.sanclemente@edu.xunta.gal

https://www.edu.xunta.es/fp/

#FPGalicia

Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502, Fax: 881 867 538

 Cursos de especialización FP
 Admisión e Matrícula
 Admisión específica nos Cursos de Especialización
 Validacións
 Real Decreto do Curso de Especialización en Aprendizaxe automática: xestión de datos e adestramento
 Normativa que regula a Formación Profesional