• ?
  • Rexistro

Letras Galegas 2011 – Lois Pereiro

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou, como cada ano, varios concursos co obxectivo de estimular a creación artística en galego.

No 2011 as profesoras Josefina Taboada Adán e Nieves Fontela López abriron o novo concurso de marcapáxinas á participación de todos os centros europeos, por medio da plataforma eTwinning.

Nestes primeiros pasos do que promete ser unha cita anual interesante, participaron tres centros ademais do IES San Clemente: Gimnazjum nr3w Lublinie de Lublin(Polonia), IES Rey Don García de Nájera e IES Praia Barraña de Boiro.

Os traballos presentados polos alumnos superaron as expectativas iniciais en canto a calidade e cantidade.

(Toda a información en falta foi publicada na ferramenta New-TwinSpace que foi desactivada polo Servizo Central de Apoio).