Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web Dual
Familia profesional
Informática
Título que se obtén
Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web
Requisitos académicos
Ademais dos requisitos académicos xerais de acceso aos ciclos superiores, o alumnado deberá superar os específicos da FP Dual.
Organización do ciclo
Preinscripción: do 24 de xuño ata as 13,00h do 2 de xullo de 2019
Formación compartida entre o IES San Clemente e a empresa Tecnologías Plexus S.L.
Os candidatos e candidatas seleccionados percibirán da empresa, durante a estadía completa na mesma, unha bolsa por un importe mínimo mensual de 500€. O resto do tempo, percibirán unha contía proporcional ao tempo adicado á actividade profesionalizadora na empresa.
Desenvólvese durante os cursos 2019/2020 e 2020/2021.
Primeiro ano
Módulos | Horas |
Bases de datos | 187 |
Contornos de desenvolvemento | 107 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
Programación | 240 |
Desenvolvemento web en contorno cliente | 157 |
Desenvolvemento web en contorno servidor | 175 |
Segundo ano
Módulos | Horas |
Sistemas informáticos | 186 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Despregamento de aplicacións web | 88 |
Deseño de interfaces web | 157 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Despois de superados os módulos anteriores
Módulos | Horas |
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Saídas profesionais
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Programador/ora web.
- Programador/ora multimedia.
- Desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.
Máis Información
ies.sanclemente@edu.xunta.es, sxfp@edu.xunta.es
Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502, Fax: 881 867 538
FP Dual
Admisión e Matrícula
Admisión específica na FP Dual
Tecnologías Plexus, S.L.
Probas acceso a ciclos
Validacións
Currículos dos ciclos
Formación en Centros de Traballo
Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título