O proxecto eTwinning ZonaVET 0+1 vén de recibir o Selo de Calidade Europeo eTwinning.
Destacamos a tarefa Creación da empresa EuroPescaVET, de alta complexidade e única en FP Informática a nivel europeo.
Parabéns para todos e todas as participantes!
Artigo en La Voz de Galicia
FCT no estranxeiro – Outono 2015
No fluxo de outono de 2015 participan seis alumnos do IES San Clemente:
ASIR: Adrián Cabo en Dublín.
DAM: José Manuel Rozas en Berlín; Luis Morais, Martín Galante e Álvaro Veiga en Dublín.
DAW: Víctor García en Dublín.
Todos teñen financiamento de "erasmus.es" do MECD.
Dos seis alumnos, catro cursaron seccións bilingües en inglés.
Máis...
Projetos eTwinning de FP – 14 ideias
A Direção-Geral da Educação, do Ministério da Educação e Ciência de Portugal, edita a versión en portugués do libro Projetos eTwinning de FP - 14 ideias, unha iniciativa da Embaixada eTwinning Galicia co patrocinio do IES San Clemente de Santiago de Compostela.
Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible esta...
Job Shadowing: Ano 2015-2016
O IES San Clemente oferta unha praza para realizar cinco días de Job Shadowing nun centro de FP fóra do estado español.
Destinatarios: profesorado de ciclos superiores.
Orzamento: segundo o país de destino, até 875 euros.
Criterios de selección:
- Preferentemente, profesorado que non participase anteriormente nun Job Shadowing.
- En segundo lugar, calidade...
Formación en Lisboa: Xaneiro de 2016
O IES San Clemente oferta dúas prazas para realizar dúas semanas de formación no colexio INETE de Lisboa.
Destinatarios: alumnado de SMR.
Datas previstas: do 4 ao 17 de xaneiro de 2016.
Orzamento: 1 300 euros.
Criterios de selección:
Preferentemente, alumnado de 2º SMR ordinario por cursar a sección bilingüe en portugués
En segundo...
Convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2016
Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente oferta prazas para realizar a FCT no estranxeiro durante a primavera de 2016, subvencionadas polo programa Erasmus+.
O reparto de prazas e os destinos habituais son:
Cinco prazas (que serán ampliadas) para o ciclo medio: Empresas de Lisboa...
Mobilidades para prácticas no estranxeiro – Difusión
No día 23 de setembro de 2015 contamos coa presenza de Yolanda García López, ex alumna do IES San Clemente, que contou a súa experiencia en Lisboa ao alumnado do ciclo medio SMR. Yolanda realizou a súa FCT na capital lusa en primavera de 2015, por medio do proxecto...
Prácticas en Compostela: Jessica e Marcel
Recibimos a Marcel e a Jessica, dous alumnos do colexio KBS de Nordhorn que están a realizar as súas prácticas de Auxiliar Administrativo en empresas de Compostela, por medio de Erasmus+ KA102.
Na foto podemos velos con Cristina París e Susa Lastres, do equipo de coordinación de proxectos europeos do...
Job Shadowing no Trinity College
Finalizado o Job Shadowing Erasmus+ do profesor Carlos Carrión no Trinity College de Dublín, procedemos á súa difusión.
Estadía en Trinity College
De visita por Dublín e arredores
Seguimento FCT Dublín - 2015
Actualización dos criterios de selección de participantes Erasmus+
Na actualidade o MECD adxudica directamente as súas propias bolsas “erasmus.es” ao alumnado solicitante de Ciclos Superiores, quedando exento dos criterios de selección publicados.
Mentres esta situación continúe, as bolsas Erasmus+ poden ser solicitadas en calquera momento polo alumnado de Ciclos Superiores do IES San Clemente, mesmo para realizar prácticas...
Enlaces Rápidos




