• ?
  • Rexistro

Proxectos Europeos – Informe final 2015/2016

Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:

Mobilidades para a realización de prácticas no estranxeiro:

  • Ciclo Medio: 12 mobilidades para FCTs en Lisboa (5 Erasmus+ KA102 2014, 5 Erasmus+ KA102 2015, 2 autofinanciación).
  • Ciclos Superiores: 11 mobilidades para FCTs en Dublín, Londres e Lisboa (9 bolsas MECD, 2 bolsas Erasmus+ KA103 2015).
  • Ciclos Superiores: 2 mobilidades para prácticas extra curriculares e 2 de recén titulados en Dublín, Lisboa, Porto e Braga (1 bolsas MECD, 3 bolsas Erasmus+ KA103 2015).

Mobilidades para a asistencia a clase no estranxeiro:

  • Ciclo Medio: 2 mobilidades ao colexio INETE de Lisboa (Erasmus+ KA102 2014).

Bolsas concedidas pola Administración para o próximo ano escolar:

  • Ciclo Medio: 7 Erasmus+ para prácticas en Portugal.
  • Ciclos Superiores: 12 Erasmus+ na adxudicación inicial.

Criterios de selección:

Incoming mobilities:

  • Un alumno e unha alumna do KBS de Nordhorn (Alemaña), de Auxiliar Administrativo.

Job shadowing:

  • Unha mobilidade saínte do profesor Marcos Vence ao colexio ETAP de Viana do Castelo.

Proxectos eTwinning:

  • Durante este ano, recibimos o Selo de Calidade Europeo polo proxecto ZonaVET 0+1.