• ?
  • Rexistro

Convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2017

Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente oferta prazas para realizar a FCT no estranxeiro durante a primavera de 2017, subvencionadas polo programa Erasmus+.

O reparto de prazas e os destinos habituais son:

  • Sete prazas para o ciclo medio: Empresas de Lisboa, o Porto, Braga ou outras cidades de Portugal.
  • Once prazas para ASIR e DAM: calquera destino (Lisboa, Dublín, Berlín, Londres, etc).

O alumnado de 2º ano en réxime ordinario que estea interesado, debe solicitar formar parte do proceso de selección e participar nas actividades de formación lingüística e cultural en orixe, desde novembro até febreiro (20 horas).

Tamén pode concorrer o alumnado doutros ciclos en situación de realizar a FCT na 2ª ou na 3ª avaliación.

No caso de non obter bolsa Erasmus+, tamén é posible solicitar realizar a FCT no estranxeiro con financiamento propio e coa axuda da Consellaría de Educación.

 FAQ

 

Despois de enviar este formulario online, debe enviar o DNI escaneado e unha foto tipo CV por email ao enderezo erasmus@iessanclemente.net

Data límite: 25 de outubro de 2016.
Poden consultar calquera dúbida por email: erasmus@iessanclemente.net

Nota: O alumnado de ciclos a distancia e modular terá unha convocatoria no mes de xaneiro, para realizaren a FCT en outono de 2017.