En xuño, xullo e agosto de 2020, doce estudantes e un profesor do IES San Clemente desfrutan dunha bolsa Erasmus+ para realizaren prácticas extra curriculares e de recén titulado en Portugal. Destacamos o inicio de prácticas blended (a metade dos participantes, en tres empresas).
10 de SMR: Enrique Carretero,...
Exames de setembro 2020 da ESA
A Circular 4/2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que regula as ensinanzas básicas de educación para persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, establece o carácter presencial das probas de avaliación que teñan lugar durante o curso.
Como consecuencia da situación sanitaria, a Dirección...
Matrícula FCT para o período outubro-decembro.
A matrícula para a FCT e o proxecto farase, presencialmente no centro, dos días 13 ao 17 do mes de xullo en horario de oficina (de 09;00 a 14:00).
Ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web en modalidade dual
O IES San Clemente, en colaboración coas empresas DataCenter, Dimensiona, Zadia Software, Ozono Multimedia, AVA Soluciones Tecnológicas, Nática Sistemas de Información, e CoComm Servicios Telecomunicaciones, oferta de novo no curso 2020/2021 o ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) en modalidade Dual.
Prazo de inscripción: dende o 25 de xuño...
Horario de verán
O IES San Clemente e a súa oficina abren:
Entre o 22 de xuño e o 31 de xullo, de 9:00 a 14:00.
Agosto, de 9:00 a 13:00. Pechado dos días 10 a 16.
Proxectos Europeos – Informe final 2019/2020
Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:
Mobilidades Erasmus+ KA116 e KA103 para a realización de prácticas e estudos no estranxeiro:
Ciclo Medio, 11 mobilidades: 1 de FCTs, 3 de recén titulados e 7 extra curriculares, todas en Portugal (Lisboa, Porto, Viana do...
Obradoiro de Igualdade – Informe final 2019-2020
Ao longo do curso realizáronse distintas actividades de sensibilización sobre a situación da muller na actualidade, enmarcadas dentro do contexto do Plan Proxecta “Por 365 días de respecto e igualdade”. Entre estas actividades destacan as seguintes:
Organización de tres conferencias (sobre violencia de xénero nos medios, prevención da violencia...
A lingua inglesa nos Ciclos de Informática no curso 2019/20
A lingua inglesa está a ter unha presencia moi relevante nos ciclos formativos que impartimos no San Clemente. Describimos a continuación algunhas das actividades realizadas ó longo do curso 2019/20.
Seccións Bilingües en INGLÉS no curso 2019/20:
Módulos impartidos en inglés e galego denominados «Seccións Bilingües en Inglés»:
Desenvolvemento web en...
Rumbo número 5
Lanzamos o quinto número desta publicación do EDLG, que reúne os traballos presentados aos distintos concursos e certames durante o ano 2019-2020.
Descargádea e desfrutádea!
Website de Rumbo
Exames finais de bacharelato – setembro 2020
As Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, indican que as probas extraordinarias do mes de setembro realizaranse na modalidade presencial ou non presencial, en función das condicións sanitarias existentes no momento da súa celebración.
Polo tanto, en relación cos...
Enlaces Rápidos




