Visita do FET College Dhúlaigh Marzo 2026

O FET College Dhúlaigh de Dublín e o IES San Clemente seguen a fortalecer a súa colaboración no marco dos programas europeos, desenvolvendo nesta ocasión unha nova mobilidade Erasmus+ en Santiago de Compostela.

Entre o 23 de marzo e o 14 de abril, tres estudantes do centro irlandés realizarán o seu período de prácticas na CRTVG, onde terán a oportunidade de adquirir experiencia laboral no sector audiovisual.

Os participantes chegaron acompañados da vicedirectora Áine Daly, coa que compartimos unha produtiva reunión na que intercambiamos ideas e definimos novas posibilidades de colaboración para os próximos cursos.

Foi un auténtico pracer recibir á vicedirectora Áine Daly e seguir afianzando os vínculos académicos entre ambas institucións.