O IES San Clemente oferta bolsas Erasmus+ para realizar un Job Shadowing nun centro educativo ou nunha empresa, fóra do estado español, nun país da Unión Europea e terceiros países asociados ao Programa (Islandia, Macedonia del Norte, Serbia, Liechtenstein, Noruega e Turquía).
Duración: ata 7 días, viaxe incluída.
Finalidade: desenvolvemento profesional do persoal docente así como o desenvolvemento das institucións implicadas. Debe enmarcarse nun enfoque estratéxico das organizacións participantes.
Destinatarios: persoal ligado aos graos de FP (docentes que impartan clase neste niveis, equipo directivo, departamento FCT e PE, e equipo orientador).
Exemplos de centros onde xa se realizaron mobilidades de profesorado en convocatorias anteriores: Escola Secundária Augusto Gomes (Matosinhos), Escola Profissional de Almada, AE Carlos Amarante (Braga), INETE (Lisboa), Colaiste Dhulaigh College of Further Education (Dublin), Lycée Général, Technologique et Professionnel Antoine Bourdelle (Montauban), Vantaa Vocational College (Varia-Finlandia).
Aplicaranse os seguintes criterios de valoración e selección:
- Xestión dos proxectos europeos do centro nos últimos 5 anos (KA121, KA131, eTwinning): 3 puntos/ano.
- Acreditación do nivel de idioma do país do destino e de inglés: nivel B1: 1 punto, B2: 2 puntos, nivel C1: 3 puntos e C2: 4 puntos.
- Non ter recibido bolsa para estas mobilidades nos últimos 12 meses previos á convocatoria: 2 puntos.
As solicitudes fóra de prazo non serán tidas en conta.
O profesorado que estea interesado, debe solicitar formar parte do proceso de selección antes do 25 de novembro, escribindo a erasmus@iessanclemente.net achegando as acreditacións de idioma(s).




