Congratulations! You have been awarded the eTwinning National Quality Label for your participation in the project “Um tripé para o meu e-book 3”.
Con esta mensaxe, as avaliadoras do Ministerio de Educación español comunicáronnos a concesión do Selo de Calidade Nacional polo proxecto Um tripé para o meu e-book 3, desenvolvido polo alumnado dos ciclos plurilingües en portugués SMR e ASIR durante o ano 2023/2024.
Queremos felicitar unha vez máis a todo o alumnado participante e lembrarlles que é un mérito que poden incluír no CV.
No bienio 2024-2026 estamos a traballar no proxecto GaliMinho 3 – Desenvolvimento de jogos.
Máis información sobre os proxectos eTwinning do IES San Clemente