Se queres saber máis sobre as experiencias do noso alumnado e do profesorado no estranxeiro podes acceder a EixoTIC.
Entre o outono de 2024 e a primavera de 2025 realizaron prácticas no estranxeiro un total de 24 alumnos (7 FCTs + 17 extra curriculares) a través do programa Erasmus+.
Neste período foron cinco países diferentes os escollidos polo alumnado:
- SMR: Didac González, Anxo Vigo, Yulian Jaramillo e Marcos Novío, no AE Carlos Amarante de Braga; Adrián Rey, Yeray Iglesias, Abel Siso e Pablo Basada, na Escola Secundária Augusto Gomes de Matosinhos; Carlos López, Adrián Alvite, Juan González e Alicia Romarís, na ETAP Escola Profissional de Viana do Castelo; Ekaitz Gallego, Ángel Otero e Raúl Otero, na JANS Informática do Porto; e finalmente Dayro Gonzáles e Juan González na Fundação Alentejo de Évora.
- DAM: Javier Bayón na Data4You de Praga (República Checa), Nicolás Lorenzo na Parsec 3.26 de Castromediano (Italia) e Gabriel Montoiro na ALMA.2 de Lecce (Italia).
- DAW: José Rubicco na Watchfit de Sesto Calende (Italia), Diana Ramos na Idéias Dinâmicas de Almada (Portugal) e Diego de la Riva na Tovarna Idej de Maribor (Eslovenia).
- ASIR: Alberto Míguez na BingoSoft de Saint Julian (Malta).
Tamén houbo 4 profesores que disfrutaron da experiencia Erasmus+ en tres localizacións diferentes.
- Carlos Doval en Portugal, visitando a Escola Profissional de Almada.
- Xesús Fernández en Francia, visitando o Lycée Antoine Bourdelle de Montauban.
- Marcos Vence en Italia, visitando a Fondazione ITS INCOM de Busto Arsizio.
- Carlos Callón en Portugal, visitando a empresa Securitas Direct Portugal de Algés-Oeiras.
Os 28 participantes gozan dunha bolsa Erasmus+ e o alumnado cursa ciclos PluriFP en portugués ou inglés.
O/As titores/as mantemos contacto por correo electrónico co alumnado e realizamos entrevistas mediante videoconferencia ou teléfono, para coñecer con detalle as tarefas que están a desenvolver nas empresas e a súa vida fóra delas.
Finalmente, tamén recibimos profesores e alumnos das institucións coas que colabora o IES San Clemente para realizar visitas preparatorias, aprendizaxes por observación ou estadías formativas en empresas:
- Lycée Antoine Bourdelle: 3 profesores e 3 alumnos.
- Escola Secundária Augusto Gomes: 2 profesores e 5 alumnos.
- Coláiste Dhúlaigh College of Further Education: 1 profesora e 4 alumnos
- Fondazione ITS INCOM: 2 alumnos