Prácticas no estranxeiro Erasmus+ Primavera 2025

Se queres saber máis sobre as experiencias do noso alumnado e do profesorado no estranxeiro podes acceder a EixoTIC.

Na primavera de 2025 realizan prácticas no estranxeiro 8 alumnos (6 FCTs + 2 extra curricular) a través do programa Erasmus+.

Neste período foron tres os destinos escollidos polo alumnado: Portugal, Italia e Eslovenia.

  • SMR: Ekaitz Gallego, Ángel Otero e Raúl José Otero na JANS Informática no Porto.
  • DAM: Nicolás Lorenzo e Gabriel Montoiro, nas empresas PARSEC 3.26 (Castromediano, Italia) e na ALMA2 (Lecce, Italia) respectivamente.
  • DAW: Diego de la Riva, José Ángel Rubico e Diana Ramos, nas empresas Tovarna Idej (Maribor, Eslovenia), Watchfit (Sesto Calente, Italia) e Ideias Dinámicas (Almada, Portugal) respectivamente.

Tamén houbo 4 profesores que disfrutaron da experiencia Erasmus+ en outras tantas localidades: Francia, Italia e Portugal.

  • Xesús Fernández Sulleiro en Montauban, visitando o Lycée Antoine Bourdelle.
  • Marcos Vence en Busto Arsizio, visitando o ITS INCOM.
  • Carlos Doval en Lisboa, visitando a Escola Profissional de Almada.
  • Carlos Callón en Algés-Oeiras, que visitará a empresa Securitas Direct no mes de xuño.

Os 12 participantes gozan dunha bolsa Erasmus+ e o alumnado cursa ciclos PluriFP en portugués ou inglés.

O/As titores/as mantemos contacto por correo electrónico co alumnado e realizamos entrevistas mediante videoconferencia ou teléfono, para coñecer con detalle as tarefas que están a desenvolver nas empresas e a súa vida fóra delas.