• ?
  • Rexistro

Prácticas no estranxeiro Erasmus+ Primavera 2023

Se queres saber máis sobre as experiencias do noso alumnado e do profesorado no estranxeiro podes acceder a EixoTIC.

Na primavera de 2023 realizan prácticas no estranxeiro 6 alumnos (5 FCTs + 1 extra curricular) a través do programa Erasmus+.

Neste período foron tres os destinos escollidos polo alumnado:

  • SMR: Marcos Fernández, Dylan Alves, Carlos Ferrer e Iago Codesido na WDMI e en OnDisc no Porto.
  • ASIR: Adrián Marzoa no CDCFE en Dublín.
  • DAW: Adan Fariña na Cruz Vermelha Portuguesa en Braga.

Tamén houbo 3 profesores que disfrutaron da experiencia Erasmus+ en outras tantas localidades.

  • Carlos Andújar en Lisboa, visitando ás empresas Teleperformance e SEA.AI así como o viveiro de empresas Lispolis.
  • Juan Gestal en Évora, visitando á empresa Digital Works.
  • Marcos Vence en Turín, visitando o ITS ITC Piemonte.
  • Loaira M. Rey en Viana do Castelo, na escola ETAP.

Os nove participantes gozan dunha bolsa Erasmus+ e o alumnado cursa ciclos PluriFP en portugués ou inglés.

O/As titores/as mantemos contacto por correo electrónico co alumnado e realizamos entrevistas mediante videoconferencia ou teléfono, para coñecer con detalle as tarefas que están a desenvolver nas empresas e a súa vida fóra delas.

Marcos Fernández e Dylan Alves

Adan Fariña

Adrián Marzoa

Iago Codesido

Carlos Andújar

Juan Gestal

Marcos Vence

Job Shadowing de Loaira na ETAP de Portugal

Loaira M. Rey