• ?
  • Rexistro

Exames 3ª Avaliación 2º Bacharelato a Distancia

Os exames da 3ª Avaliación de 2º Bacharelato a Distancia do IES San Clemente, celebraranse de xeito presencial os días 19 e 21 de abril .

Terán lugar no IES San Clemente e nos centros EPA de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.
Durante a realización dos exames apricarase o seguinte protocolo, que deberá ser coñecido por todo o alumnado.
En aplicación da nova estratexia de control da SARS-COV-2, non será necesario a presentación de  declaración responsable. Os casos confirmados da COVID-19 (aqueles que teñan unha proba diagnóstica realizada por un profesional sanitario) deberán seguir as indicacións do seu médico.
Os horarios dos exames, datas de publicación das notas e revisións de exames pódense consultar no Calendario 2º Bacharelato.