• ?
  • Rexistro

Proxectos Europeos – Informe final 2020/2021

Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:

Mobilidades Erasmus+ KA116 e KA103 para a realización de prácticas e estudos no estranxeiro:

  • Ciclo Medio, 24 mobilidades: 10 de FCTs, 2 de recén titulados e 12 extra curriculares, todas en Portugal, con bolsa Erasmus+ KA116 2019 e KA116 2020.
  • Ciclo Medio, 11 mobilidades para estudos en Braga (Portugal) con bolsa Erasmus+ KA116 2019.
  • Ciclos Superiores, 8 mobilidades: 2 de FCTs, 1 extracurricular e 5 de recén titulados ou extra curriculares en preparación. Destinos: Portugal, Irlanda e Amsterdam. Todas con bolsa Erasmus+ KA103 2019.

Incoming mobilities:

  • 8 mobilidades de alumnado do AE Carlos Amarante de Braga que realizaron as súas prácticas curriculares e extra curriculares en empresas de Santiago de Compostela.

Mobilidades canceladas:

  • Destacamos que o número de renuncias nos Ciclos Superiores aumentaron significativamente por mor da pandemia e dos confinamentos nos países de destino, tratándose dunha cantidade importante de traballo que non se reflicte nos resultados finais.
  • O mesmo aconteceu cos job shadowing entrantes e saíntes.

Asociacións:

  • Revalidamos os acordos de colaboración con centros homólogos.
  • Reforzamos especialmente a cooperación co AECA de Braga.

Bolsas concedidas pola Administración para o próximo ano escolar:

  • Pendentes de confirmar. Suficientes para atender toda a demanda do alumnado e profesorado.

Proxectos eTwinning: