• ?
  • Rexistro

Job Shadowing de persoal do CDCFE de Dublín

Entre o 21 e o 25 de outubro de 2019 visitáronnos Ann Kennedy e Michael Mc Cann, ambos profesores do CDCFE (Colaiste Dhulaigh College of Further Education) de Dublín (Irlanda) e a súa directora, Mary Hickie.

Durante estes días mantiveron reunións con varios profesores que lles foron explicando os distintos aspectos do modelo de educación a distancia do IES San Clemente, no que estaban moi interesados.

Ann Kennedy e Michael Mc Cann tamén realizaron presentacións nas que explicaron un novo modelo educativo semipresencial que están implementando no seu centro e o enfoque que usan para preparar ó seu alumnado na busca de emprego.

A visita foi un éxito, non só porque reforza unha colaboración moi fructífera ó longo dos anos senón tamén polo intercambio de ideas para mellorar a calidade do ensino que ofrecemos nos nosos centros educativos.

Máis información
Artigo en La Voz de Galicia