• ?
  • Rexistro

Mobilidade para estudos en Lisboa – Resultados

Publicamos o informe elaborado polos alumnos de 2SMR David Maceira e Félix Pardal tras as dúas mobilidades Erasmus+ para estudos no colexio INETE de Lisboa.

Esta experiencia serviu para analizar como se poderían implementar os créditos ECVET en FP. A conclusión é que nos pareceu moi complicado validar as UDs cursadas por varios motivos:

  • O currículo dos módulos é moi diferente.
  • É moi difícil que coincida a cronoloxía dos módulos.
  • A carga lectiva de módulos técnicos en Portugal (e noutros países) é moito menor.

De todos os xeitos, o informe do alumnado demostra que a experiencia paga a pena aínda sen o recoñecemento de créditos ECVET.

Máis información:
Informe “Coñecementos obtidos no INETE”
Mobilidade para estudos en Lisboa
Artigo do Portal Galego da Língua