Bacharelatos
A nosa plataforma educativa pon a disposición do alumnado a máis avanzada tecnoloxía para a formación a distancia. Ademais, o alumnado terá asesoramento directo e persoal con titorías presenciais, telefónicas e telemáticas.
Para unha información máis detallada sobre o bacharelato a distancia, consultar a páxina www.bacharelatodistancia.net.
Os requisitos para cursar bacharelato a distancia son os seguintes:
Idade
- Ter 18 anos ou cumprilos antes do 1 de xaneiro do próximo ano
- Para menores de idade consultar no propio centro
Académicos
Para acceder a 1º de Bacharelato:
- Ter superada a ESO, FPI, 2º BUP (máximo 2 pendentes) ou equivalente, posuír o título de Técnico correspondente á Formación Profesional específica de grao medio.
Para acceder a 2º de Bacharelato:
- Ter superado 3º BUP, FPII ou equivalente
Modalidades de Bacharelato
- Ciencias
- Humanidades e Ciencias Sociais
- Artes (Artes Plásticas, Imaxe e Deseño)
- Xeral
Materias ofertadas
Oferta educativa no primeiro curso.
Oferta educativa no segundo curso.
Matrícula
Infórmate sobre a matrícula no bacharelato a distancia.
Titulación
Segundo a normativa vixente (ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia), o alumno ou alumna de 2º Bacharelato poderá titular cunha materia suspensa, sempre e cando cumpra as seguintes condicións:
- Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias e os obxectivos vinculados a ese título.
- Que o alumno ou a alumna se presente aos exames da convocatoria extraordinaria (recollido na CCP do IES San Clemente do 2 de outubro de 2025).
- Que a media aritmética das cualificacións obtidas polo alumno ou pola alumna nos dous cursos de Bacharelato sexa igual ou superior a 5.
Programacións
As programacións de bacharelato para o curso actual poden consultarse na aplicación PROENS.






