• ?
  • Rexistro

Como acceder á plataforma de Ciclos de Informática a Distancia?

No enderezo http://edu.xunta.es/fpadistancia co usuario e contrasinal que se vos enviou á conta de correo que destes a hora de formalizar a matrícula. Se non vos chegou, comprobade que a conta de correo é a indicada ou ben mirade na carpeta Spam da vosa conta de correo.

Peche da plataforma educativa da ESA e Bacharelato ata o día 25 de setembro

Para realizar o peche do pasado curso e o mantemento dos recursos educativos, a plataforma educativa permanecerá pechada ata o 25 de setembro. Lembre que estamos co prazo aberto para matricularse: Características e Instrución da matrícula na ESA a distancia. Características e Instrución da matrícula no bacharalato a distancia.

Cualificacións provisionais da proba libre da ESA, setembro 2017

Hoxe publícanse as cualificacións provisionais da proba libre da ESA celebrada no IES San Clemente o pasado día 7 de setembro de 2017. http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238 Contra estas cualificacións poderase presentar reclamación por escrito dirixida á Presidencia do tribunal no propio IES San Clemente dende o mesmo día da publicación ata as 13:00h do...

Revisión dos exames de setembro da ESA

As notas da avaliación extraordinaria do 2º cuadrimestre da ESA publicaranse o martes 12 de setembro sobre as 13,00h. A revisión poderá facerse no IES San Clemente no seguinte horario: Mércores 13 e xoves 14, de 10,00h a 13,00h

Revisión e reclamación dos exames de bacharelato de setembro 2017

Revisións de exames As notas correspondentes aos exames de setembro de bacharelato (1º e 2º curso) publicaranse o mércores 6 a partir das 12,00h na aula virtual. As revisións serán no IES San Clemente co seguinte horario: Mércores 6, de 16,30h a 19,30h. Xoves 7, de 09,00h a 12,00h. Os alumnos de 2º de...

Listaxe definitiva de admitidos na proba libre da ESA, convocatoria Setembro 2017

Hoxe publícase a listaxe definitiva de admitidos para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, incluíndo os ámbitos validados. Listaxe definitiva Proba Libre ESA setembro 2017 (grupoA) Listaxe definitiva Proba Libre ESA setembro 2017 (grupo B) EXENTOS LINGUA GALEGA PL ESO SETEMBRO 2017