Máster en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información
Familia profesional
Informática e Comunicacións
Título que se obtén
Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización.
Prazas ofertadas
20 (en horario de tarde)
Requisitos académicos
Para acceder ao Máster en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información é necesario estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:
- 
- Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR).
- Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM).
- Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW).
- Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.
- Técnico Superior en Mantemento Electrónico.
 
Organización do ciclo
Duración dun ano académico.
Programacións do curso 2024-2025 no enlace do nome dos módulos.
| Módulos | Horas | 
| Análise forense informático | 120 | 
| Bastionado de redes e sistemas | 160 | 
| Hacking ético | 120 | 
| Incidentes de ciberseguridade | 140 | 
| Normativa de ciberseguridade | 60 | 
| Posta en produción segura | 120 | 
Que se aprende a facer?
Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nos sistemas de información, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución de medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Sectores nos que cumpra establecer mecanismos e medidas para a protección dos sistemas de información e das redes de comunicacións.
Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en ciberseguridade, auditor/a de ciberseguridade, consultor/a de ciberseguridade e hacker ético/a.
NOTA:
- O máster no 2024_2025 no noso centro impartirase en horario de tarde-noite de luns a venres, comezando a finais de outubro.
- A data de comezo publicarase na páxina web do centro.
- A distribución horaria dos diferentes módulos que conforman o curso será informada pola persoa titora no primeiro día de inicio do curso.
- Calquera cambio ante esta previsión se vos comunicará na web do centro como unha NOVA.
Máis Información
Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502, Fax: 881 867 538
    
 Cursos de especialización FP
    
 Admisión e Matrícula
    
 Admisión específica nos Cursos de Especialización
    
 Validacións
    
 Real Decreto do Curso de Especialización en Ciberseguridade en contornos das TIC
    
 Normativa que regula a Formación Profesional

 
							 
					
							 
		 
		 
		 
		 
		 
		 
		 
		



