• ?
  • Rexistro

Listaxe provisional de admitidos para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de dezaoito anos. Convocatoria de setembro 2018

Hoxe publícase a listaxe provisional de admitidos para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, incluíndo os ámbitos validados. Contra esta listaxe poderase presentar unha reclamación ata o día 24 de xullo as 13:00 horas mediante instancia dirixida á Presidenta do tribunal. Listaxe...

Prazos de matrícula para a ESA e o Bacharelato do curso 2018-2019

Bacharelato a distancia: período extraordinario de matrícula Rematado o período ordinario de matrícula,  ábrese un período extraordinario (ata o 30 de abril de 2019) para a matriculación do alumnado cando concurra calquera das seguintes circunstancias: Cando se acredite un cambio na situación laboral. En caso de enfermidade prolongada. Por calquera...

Repercusión nos medios do bacharelato a distancia

Publícase na Voz de Galicia unha entrevista a Sergio Manuel Justo Maceda, alumno do bacharelato a distancia que rematou este ano os seus estudos no IES San Clemente cun dos mellores expedientes da nosa comunidade. A raíz da mesma, a nosa directora, Carmen Viñas Álvarez, colaborou nunha reportaxe sobre estes...

Matrícula para a proba libre da ESO

A matrícula para a proba libre da ESO está aberta entre os días 2 e 9 de xullo. O horario de oficina para a matrícula e de 9,00h a 14,00h de luns a venres. As persoas que se presentaron á proba celebrada no mes de maio, non é necesario...

Exames da ESA setembro 2018

O venres 7 de setembro terán lugar os exames extraordinarios do 2º cuadrimestre da ESA, co mesmo horario que durante o curso, no IES San Clemente de Santiago e nas sedes de Arzúa, Boiro, Santa Comba e Vigo. Venres 7 de setembro 09,30h 10,20h Ámbito Social 10,20h 11,30h Ámbito Científico-Tecnolóxico 12,00h 13,30h Ámbito de Comunicación  

Acceso a ciclos formativos 2018 / Seccións bilingües

Acceso a ciclos formativos 2018 / Seccións bilingües
O 25 de xuño abre o prazo de presentación de solicitudes. Podedes consultar o calendario e instrucións de admisión nos documentos ao pé desta páxina. Seccións bilingües no IES San Clemente O IES San Clemente imparte módulos en lingua estranxeira en tres ciclos formativos do réxime ordinario, no marco das seccións bilingües,...

Exposición MatematicARTE

Exposición MatematicARTE
No 1 de xuño de 2018 inauguramos a exposición enREDada MatematicARTE, no IES San Clemente, de Santiago de Compostela. Esta exposición reúne obras de catorce docentes de diferentes lugares e de trece alumnos e alumnas do CEIP de Sestelo-Baión. Trátase dunha das trinta e tres exposicións enREDadas que se realizan simultaneamente...

Información sobre as reclamacións da proba libre da ESA

O venres 25 de maio realízanse as probas libres da ESA. A publicación das cualificacións provisionais será o venres 8 de xuño. Cualificacións provisionais proba libre ESA, convocatoria maio 2018 O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles (11 de xuño ao 15 de xuño ás 14.00h, ambos os dous incluídos)....

Exames de bacharelato setembro 2018

Os exames de bacharelato correspondentes á convocatoria extraordinaria terán lugar os días 3 e 4 de setembro. Poderanse facer no IES San Clemente de Santiago de Compostela ou nas EPAs de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol. O calendario e horario das distintas materias será o seguinte: Luns 3 de setembro Martes 4...