O IES San Clemente oferta bolsas Erasmus+ para realizar unha mobilidade no estranxeiro nun centro educativo ou nunha empresa, nun país da Unión Europea ou nun dos terceiros países asociados ao Programa (Islandia, Macedonia do Norte, Serbia, Liechtenstein, Noruega e Turquía).
Duración: ata 7 días, 2 días de viaxe incluídos.
Finalidade: desenvolvemento profesional do persoal docente**, así como das** institucións implicadas. Debe encadrarse nun enfoque estratéxico das organizacións participantes.
Destinatarios: persoal ligado aos graos de FP (docentes que impartan clase nestes niveis, equipo directivo, departamentos de FCT e PE, e equipo orientador).
Exemplos de centros onde xa se realizaron mobilidades de profesorado en convocatorias anteriores: Escola Secundária Augusto Gomes (Matosinhos), Escola Profissional de Almada, AE Carlos Amarante (Braga), INETE (Lisboa), Coláiste Dhúlaigh College of Further Education (Dublín), Lycée Général, Technologique et Professionnel Antoine Bourdelle (Montauban-Francia), Vantaa Vocational College Varia (Vantaa-Finlandia), Liceul Tehnologic Nikola Tesla (Bucarest-Romanía).
Aplicaranse os seguintes criterios de valoración e selección:
- Xestión dos proxectos europeos do centro nos últimos 5 anos (KA121, KA131, eTwinning): 3 puntos/ano.
- Acreditación do nivel de idioma do país de destino e de inglés: B1: 1 punto; B2: 2 puntos; C1: 3 puntos; C2: 4 puntos.
- Non ter recibido bolsa para estas mobilidades nos 12 meses previos á convocatoria: 2 puntos.
As solicitudes fóra de prazo non serán tidas en conta.
O profesorado que estea interesado debe solicitar formar parte do proceso de selección antes do 3 de decembro mediante un correo a erasmus@iessanclemente.net no que acheguen as acreditacións de idiomas.
Máis información: https://docs.google.com/presentation/d/1hYCXQtwPPG3SiGfTOINsHsic_zM-RndaXKlbV36-f0o/




