• ?
  • Rexistro

Información IMPORTANTE sobre os exames de bacharelato en Ourense

Os exames de bacharelato en Ourense terán lugar no IES O Couto, e non na EPA como en anos anteriores.

As datas de exames da 1ª avaliación, tanto en Ourense como no resto de lugares nos que se examina, serán as mesmas que están programadas dende comezo de curso:

  • Exames de 1º de bacharelato: 30 de novembro e 2 de decembro.
  • Exames de 2º de bacharelato: 24 e 26 de novembro.

Os horarios e outra información sobre os exames figuran nos documentos que se adxuntan, que están dispoñibles tamén no apartado “Como estudar?” da aula virtual.

Información e Calendario Bach1 2020_21

Información e Calendario Bach2 2020_21