• ?
  • Rexistro

Direccionamento IPv6 no IES San Clemente.

O día 23 de Novembro de 2020 o CESGA concedeunos (previa solicitude) direccionamento IPv6 para o IES San Clemente.

Deste xeito, o IES San Clemente, adiántase á incorporación deste protocolo que resolverá o problema do esgotamento de enderezos en Internet. Este protocolo está destinado a substituir a IPV4, cuxo límite no número de enderezos de redes permitidos comeza a restrinxir o crecemento de Internet e o seu uso, especialmente en países moi poblados como China, India, etc.

Podemos citar que o 25 de Novembro do ano 2019 a organización RIPE, encargada de asignar direccións IPv4, quedouse sin direccións.

Nesta primeira fase de implantación de IPv6 no centro, configurouse o direccionamento IPv6 nos servidores que están accesibles dende Internet.

Todos aqueles servidores que teñan conectividade IPv6 incorporarán (se é posible) o seguinte logotipo informando da nova funcionalidade:

Direccionamento IPv6 no IES San Clemente

Na segunda fase (a máis longa) dotaremos de conectividade e direccionamento IPv6 a tódolos dispositivos conectados á rede do centro.

Nesta segunda fase teremos doble pila con IPv4 e IPv6 funcionando de xeito simultáneo no centro.

Máis información sobre IPv6: https://www.ipv6.gob.es/Paginas/index.aspx


CECASACLE

(Grazas Benjamín pola axuda facilitada)