O noso centro tivo o pracer de recibir a visita de varios docentes do Istituto d’Istruzione Superiore «Vincenzo Moretti», un centro público de educación secundaria de segundo grao situado en Roseto degli Abruzzi (TE), Italia. nunha actividade organizada en coordinación co CIFP Politécnico de Santiago.
Durante a visita, os profesores tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións do IES San Clemente, así como o funcionamento e a organización do centro. A xornada tamén nos permitiu compartir experiencias, intercambiar coñecementos e achegarnos a outras realidades educativas.
Un encontro enriquecedor que favorece a colaboración entre centros, impulsa a internacionalización e reforza os lazos de cooperación no ámbito educativo.





