Lanzamos o segundo número desta publicación do EDLG, que reúne os traballos presentados aos distintos concursos e certames durante o ano 2016-2017.
Descargádea e desfrutádea!
Website de Rumbo
Lanzadeiras Coruña – Mostra de miniempresas
O IES San Clemente estivo presente na Mostra de miniempresas do programa Lanzadeiras Coruña, de Eduemprende, grazas aos alumnos de ASIR Pablo Pérez, Mario Michelotti e Félix Pardal, que presentaron o traballo feito no proxecto eTwinning Green Spots in Town desde a súa empresa ToxoSoftware.
A mostra e o acto...
Exposición “As laranxas máis laranxas”
Durante o mes de xuño de 2017 a exposición física "As laranxas máis laranxas", do proxecto Exposicións enREDadas, ten como sede o IES San Clemente.
Os autores (docentes de todo o mundo e alumnado do CEIP de Sestelo-Baión) crearon portadas para as obras de Carlos Casares, o autor homenaxeado no...
Galiza, un país de cinema
Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Nº1 de Ordes, IES Espiñeira (Boiro) e IES San Clemente (Compostela), colaboraron nesta presentación proxectada nos televisores do noso centro a finais de maio e principios de xuño de 2017.
Descargar presentación
VII Concurso Europeo de Marcapáxinas – Fallo do xurado
O xurado do VII Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder os seguintes premios:
1º premio (100 €): Ana Fernández Prol – IES San Clemente, Santiago de Compostela.
2º premio (75 €): Sonia Seijo Oubel – IES San Clemente, Santiago de Compostela.
3º premio (50 €): Andrea Durán Abelleira – IES Muralla...
XXX Concurso Literario – Fallo do xurado
O xurado do XXX Concurso Literario do IES San Clemente acordou conceder os seguintes premios.
Modalidade relato:
1º premio (100 €): Escribindo unha vida de Mª Inés Mirás Otero (2ASIR)
2º premio (75 €): Recordos de Cristina Teijido Pena (1º Bach)
Modalidade poesía:
1º premio (100 €): Parto na pedra de...
A viaxe de “A cor da area”
A nosa exposición "A cor da area" tornouse itinerante e vai percorrer outros centros educativos.
Actualizaremos este artigo co nome dos centros e con novas fotografías na galería.
IES San Clemente, Santiago de Compostela - Exposición orixinal
IES Espiñeira de Boiro
CPI A Picota
IES número 1 de Ordes
CEIP...
XXX Concurso Literario
B A S E S
1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o XXX Concurso Literario.
2. Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos).
3. Establécense dúas modalidades: relato e poesía. Cada participante poderá entregar...
2º Certame de micro vídeos – Fallo do xurado
O xurado do 2º Certame de micro vídeos acordou seleccionar sete traballos dun total de doce presentados.
Damos as grazas a todos os participantes e ao profesorado implicado.
2º Certame de micro relatos – Fallo do xurado
O xurado do 2º Certame de micro relatos acordou seleccionar todos os traballos recibidos (un total de dez), que serán publicados en xuño de 2017, en Rumbo (2).
Enlaces Rápidos




