• ?
  • Rexistro

Exposición “As laranxas máis laranxas”

 

 

Durante o mes de xuño de 2017 a exposición física “As laranxas máis laranxas”, do proxecto Exposicións enREDadas, ten como sede o IES San Clemente.

Os autores (docentes de todo o mundo e alumnado do CEIP de Sestelo-Baión) crearon portadas para as obras de Carlos Casares, o autor homenaxeado no día das Letras Galegas deste ano. A iniciativa foi moi ben acollida pola Fundación Carlos Casares, que a incluíu na súa páxina de recursos didácticos.

Tamén conta co patrocinio da “Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO”, por participarmos deste xeito na VI Semana Internacional da Educación Artística.

Máis información:
Galería virtual – docentes
Galería virtual – alumnado
Exposición física no CEIP de Sestelo-Baión
Exposición física no IES San Clemente
Exposición física no IES Leliadoura
Catálogo: VerDescargar
Difusión noutros medios